xoves, 30 de marzo de 2023

Club de lectura: Visita de Valeixe

 O alumnado do CEIP de Valeixe pertencente ao club de lectura, visitounos esta mañá. Primeiro contaron e dramatizaron un conto para o alumnado de 6º de educación infantil. Despois xuntámonos co noso club de lectura de sexto e fomos xuntos visitar a biblioteca pública da Cañiza.

Alí fixemos unha pequena ruta onde nos explicaron como funcionaba todo e despois desfrutamos dos contos e da maxia do Mago Paco. Gustaríanos agradecer ao concello a súa implicación coa nosa visita. Moitísimas grazas.






Este é o conto que dramatizaron @s alumn@s de Valeixe.


No patio da escola había unha árbore. Só unha. A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore durante os recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esquello, para non chocar con ela. Un día detívose e fixouse no seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas, como de arame, e tiña unhas poucas follas secas. Pedro achegouse e acariñou o seu tronco...
A importancia da educación ambiental, o contacto directo do alumnado coa natureza para a súa formación integral e o espírito colaborativo na comunidade educativa están presentes neste libro. Esta historia narra cunha liguaxe sinxela a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agraimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.

Taller de Emocións

 Sonia, a tía de Adrián de  3ºB veu facer un taller de emocións. Sacamos de ahí algunhas emocións, fixemos "chuchufadas" e chamamos a Doña Paciencia varias veces co obxectivo de traballar habilidades STEM facendo avións de papel, apendendo conceptos físicos e matemáticos dunha forma moi divertida.


martes, 28 de marzo de 2023

Contada: El Hematocrítico

 Hoxe o alumnado de 6º de primaria pasou polas diferentes aulas do centro para contar contos ou anaquiños de contos de El Hematocrítico, autor que nos acompañará no centro á volta das vacacións de Semana Santa. Por aquí van quedando as fotiños.

Aynara e Steven en 4º de infantil A

Lucía e Aurora en 6º de infantil A

Izan e Rubén en 2ºB

Candela e Daniela en 3ºB

Tere e Audry en 4ºA

Nina e Marco en 5ºA

Aragorn, Sara e Paula en 5ºB

Contacontos: Elmer e o osiño perdido

 Os pais de Álvaro de 3ºB animáronse a contar á cativada o conto Elmer e o osiño perdido.




O ceo xa estaba escuro e estrelado cando Elmer, o elefante de retallos, sentiu chorar. Era o bebé elefante que non podía durmir sen o seu osiño. Levárano a unha excursión e perdérase. Elmer decide prestarlle o su osiño e buscar o do elefantiño ao día seguinte. Unha historia chea de tenrura, empatía, xenerosidade e axuda colectiva. 

Contacontos: Mis emociones y yo

 A mamá de Tiago de 4º de infantil A foi contar o conto de Mis Emociones y yo. 


El pequeño Gastón es un unicornio muy especial: ¡su melena y su cola arcoiris cambian de color según sus emociones! Él te ayudará a nombrar y gestionar tus emociones con este maravilloso libro.

Contacontos: Telma el Unicornio

 Inés, a mamá de Lucía de 5ºB, veu contar o precioso conto de Telma el unicornio. Ao rematar, fixeron unha posta en común do conto.



Telma sueña con ser especial... ¿A qué estaría dispuesta para conseguirlo?

Contacontos: Mi vida de abeja

 A tía de Iara de 2ºB tamén se apuntou a contar un conto. Esta vez tratouse de abellas. Ao rematar o conto, a rapazada estivo facendo un puzzle de abelliñas!





Mi vida de abeja cuenta la historia de las abejas durante un año, de primavera a primavera. Un texto sencillo, que muestra las distintas etapas de la recolección del néctar y la fabricación de la miel, pero con la cadencia de una canción de frases vibrantes, que reflejan el ritmo agitado e incesante de la actividad de la colmena.