luns, 22 de novembro de 2021

PRESENTACIÓN DA BIBLIO

Cos cambios na biblio de Infantil e Primaria tardamos un pouquiño máis do que nos gustaría en comezar, pero por fin podemos dicir que... A BIBLIOTECA ESTÁ A FUNCIONAR DE NOVO!!

Temos unha mascota nova, novos rincóns e espazos... se premedes na imaxe veredes algúns dos grupos que pasaron pola presentación da nosa biblioteca.








domingo, 21 de novembro de 2021

 De cara ao vindeiro 25N, Día da non violencia de xénero, deixámosvos algunhas lecturas recomendadas. Algúns xa están dispoñibles na biblioteca, e outros esperamos que nos cheguen pronto. Desexamos que vos gusten.

 Pepuka vivirá xunto co Monstro a experiencia máis difícil da súa vida: a pérdida do seu sorriso. Pero contará coa inestimable axuda das súas maskotas, que a acompañarán nesta incribe aventura, un viaxe cara a liberdade, a recuperación da súa esencia persoal e a felicidade.


Este conto é un aviso contra a masculinidade mal entendida, contra a desigualdade entre homes e mulleres, contra o maltrato doméstico, contra as estruturas que permiten que algunhas familias e as súas relacións se convertan nun terror cotidiano. Xa na nosa biblioteca.
Cando os nen@s volven rinco cara ás súas casas, ela toma o camiño da noite. Poderíase pensar que vai a unha casa coma as demáis, pero o seu andar é pesado, demasiado pesador para unha nena da súa idade.

A unha nena gústalle un neno, pero o neno non repara nela, non a mira. Que facer? Os seus amigos aconsellan de de todo: que quite as coletas, as gafas, o sorriso, as pecas, as ás, que non sexa tan parlanchina. O neno por fin fíxase neal, pero con tanto quitar, ata marcharon os paxaros da súa cabeza. E a nena dase conta de que xa non é ela, e decide recuperar as súas coletas, as súas gafas, o seu sorriso, as súas pecas, as súas ás, as súas palabras...

Todos escoitamos ou pronunciamos nalgún momento a frase "o calcetín tragouno a lavadora", todos tivemos algún calcetín desparello nalgún momento e todos tivemos un furado no calcetín, e seguramente nalgún momento decidimos non remendalo e tiralo ao lixo. A partir de aí, nace Peúgo, un calcetín melenudo que está só e fai o que lle peta e se quere toca a trompeta, fai unha receita ou inventa unha historieta. O que pasa é que está moi mancado pola violencia que exerceu a súa parella contra el. Neste caso a súa salvación foi a lavadora e esa mente creativa, que lle soubo sacar proveito cando ninguén lle vía posibilidades. 

Sabías que a túa voz permíteche nombralo todo? Sabías que podes facer con ela todo o que te propoñas? E sobre todo, sabías que o que digas con ela representa quen és e te pode facer chegar moi lonxe?


O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementins, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfán a súa ansia de desenvolvemento persoal. 

Adriana, Jimena e Martina teñen grandes soños, pero a banda de Don Noloconseguirás encheulles os bolsillos de pedras para que non podan voar. Xa na nosa biblioteca.