luns, 27 de novembro de 2023

Semana das bibliotecas

 O 24 de outubro é o día das bibliotecas. Para celebralo, no noso cole fixemos un "escape room" no que o alumnado tiña que adiviñar unha palabra para que a biblioteca non estoupara polos aires, xa que un malvado personaxe acababa de poñer unha bomba. Ao final formamos unha frase, que nos vai axudar no proxecto de centro sobre a volta ao mundo. Deixamos fotos dalgunhas das sesións.











mércores, 15 de novembro de 2023

Recomendacións para o 25N

 Aproveitamos e vos deixamos algunhas recomendacións de cara ao 25N. Estade atentos que actualizaremos cando atopemos máis!





Novidades novembro!

 Este mes as novidades chegan ao blog algo tarde, aínda que xa as tedes na biblioteca dende o día 2. Agardamos que vos gusten!!