xoves, 30 de marzo de 2023

Club de lectura: Visita de Valeixe

 O alumnado do CEIP de Valeixe pertencente ao club de lectura, visitounos esta mañá. Primeiro contaron e dramatizaron un conto para o alumnado de 6º de educación infantil. Despois xuntámonos co noso club de lectura de sexto e fomos xuntos visitar a biblioteca pública da Cañiza.

Alí fixemos unha pequena ruta onde nos explicaron como funcionaba todo e despois desfrutamos dos contos e da maxia do Mago Paco. Gustaríanos agradecer ao concello a súa implicación coa nosa visita. Moitísimas grazas.






Este é o conto que dramatizaron @s alumn@s de Valeixe.


No patio da escola había unha árbore. Só unha. A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore durante os recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esquello, para non chocar con ela. Un día detívose e fixouse no seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas, como de arame, e tiña unhas poucas follas secas. Pedro achegouse e acariñou o seu tronco...
A importancia da educación ambiental, o contacto directo do alumnado coa natureza para a súa formación integral e o espírito colaborativo na comunidade educativa están presentes neste libro. Esta historia narra cunha liguaxe sinxela a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agraimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario