domingo, 22 de outubro de 2023

Nova guía de usuarios!

 Esta é a guía que a nosa biblioteca editou este ano para todos os novos usuarios da biblio. Premede nas imaxes para poder ler.

Máis libros de medo!

 Así quedou a nosa estantería despois de enchela de libros de medo!!


Presentación biblioteca!

 A semana pasada o alumnado de primeiro de primaria desfrutou dunha presentación da biblioteca. Agora xa son maiores e poden levar libros prestados e vir nos recreos a xogar!

Ademais Naturizo ten un agasallo pendente con eles...

sábado, 7 de outubro de 2023

Novidades de Halloween e Samaín!

 Aproveitamos para deixar por aquí os últimos libros que atoparedes nos nosos estantes relacionados con Halloween e Samaín!


Esta só é unha mostra, hai moitos máis na biblioteca.

Abrimos a biblioteca!!

 O luns abrimos oficialmente a biblioteca, poderedes asistir nos recreos, ler, levar libros prestados, xogar... Este será o horario para este curso: 



Naturizo axuda co transporte do alumnado!

Esta semana empezamos a repartir unhas insignias para identificar correctamente ao alumnado transportado. Por suposto, Naturizo botounos unha man!!



martes, 3 de outubro de 2023

Novidades do mes de outubro

 Á espera de que a BiblioNaturizo abra as súas portas o vindeiro luns, aquí tendes as novidades que poderedes atopar.