mércores, 20 de decembro de 2023

Recomendacións lectoras para Nadal!!

 Pois ó final parece que os elfos empezaron a portarse algo mellor, estes días andan máis tranquilos. Aquí vos quedan as recomendacións lectoras para Nadal. Non vos esquezades de incluir na vosa carta de Nadal un libriño. Pasade boas festas!!




Última trastada do elfo!

 E dicimos que é a última, porque como non pare xa, ímolo botar por unha ventá ou mesmo á basura... Pero esta vez lucíronse. Deberon pasar toda a fin de semana xogando coa fotocopiadora...




Espero que mañá non volvan... 

Seguinte día do elfo traste!

 Hoxe a verdade é que a trastada case foi para el!! Primeiro só atopamos un elfo, a saber onde andaba o outro, e despois mirade como estaba o que atopamos...




Ay, que nos tocará mañá!! 

xoves, 14 de decembro de 2023

Menuda nos liaron hoxe os elfos!!!

 Esta mañá, cando chegamos á biblioteca estaba cuberta de notitas de cores pegadas por todas partes!!

Ademais o noso elfo debeu traer un compañeiro, porque hoxe había dous elfos...




Alucinados quedamos todos...


mércores, 13 de decembro de 2023

Segunda visita do elfo

 O elfo que aínda non ten nome, volveu facer trastadas esta noite na biblioteca. Esta vez liouna ben liada. Aínda que non se ve moi ben na foto (se ampliades, vese mellor) andivo por ahí poñendo ollos a todo o que pillou!! Libros, mascotas, ata lle puxo ollos ao ordenador, á grampadora e ao celo...



Que traballón vai ter que levar o equipo de biblioteca a sacar ollos por ahí!! E aínda por riba sen poder tocar ao elfo...

Novo visitante na biblioteca

 Un elfo moi traste chegou á biblioteca e parece que non quere marchar. Anda facendo trastadas por aquí!

O martes, día 12 de decembro, atopamos así a biblioteca: 


Ao parecer aos animaliños da biblio e a outros convidados apetecíalles que lle leran un conto... Cal será a seguinte trastada? 
Así quedaron algunhas das caras cando chegamos á biblio...

Tamén nos deixou un libro con instruccións, onde di que o máis importante é que non se lle pode tocar para non quitar a maxia, pero tamén que temos que poñerlle un nome!!! 
Con que travesura nos sorprenderá mañá????



sábado, 9 de decembro de 2023

Bibliopatio en funcionamiento!

 Aproveitando que saiu o sol, sacamos a nosa bibliopatio a funcionar! Polo momento está sendo un éxito!!

Novidades do mes de decembro

 Este mes de decembro temos un montón de novidades na biblioteca. Aquí vos quedan algúns dos libros recén chegados!