A nai de Olivia de 3ºA pasou polo cole a contar o precioso conto Monstro Azul.
martes, 25 de abril de 2023
Contacontos: Monstruo Azul
Obradoiro emocións
Incrible actividade levada a cabo polas mamás de Elías (5º de infantil) e Borja (6º de infantil A). Traballamos as emocións e levamos para a casa un xogo para cada un, xogos que estas mamis fixeron con moito esforzo e amor. Grazas mamis!
Contacontos: Hoy no juegas
A semana pasada, a nai de Pedro de 6º de infantil A e de Hernán de 4º de infantil B, veu contar o conto Hoy no juegas.
mércores, 12 de abril de 2023
Traballo co libro: ¿Qué es un refugiado?
O alumnado de 4ºB realizou este mural traballando con libro "¿Qué es un refugiado?". Tema moi interesante para que todo o alumnado coñeza a vida dos refuxiados.
martes, 11 de abril de 2023
Visita de "El Hematocrítico"
Por fin chegou o día en que "El Hematocrítico" nos veu visitar. Tivemos un pouco de todo: contos, suxestións, preguntas, firmas de libros... Dende aquí damos as grazas a todos os que fixeron posible este encontro.
Deixámosvos un video para que vexades como foi!
Novidades mes de abril
Estas son as novidades que podedes atopar na biblio dende mañá mércores. Este mes inauguramos unha nova sección de inglés. Esperamos que vos gusten!!