martes, 31 de xaneiro de 2023

Día da Paz

 Os compañeiros de actividades extraescolares fixeron este mural tan bonito do Gernika para conmemorar o día da Paz. Aproveitando que este é o ano de Picasso, deixamos aquí algúns dos libros que temos na biblioteca relacionados con el.







Novidades para o mes de febreiro

 Aquí deixamos as novidades que atoparedes a partir de mañá na biblioteca. 





domingo, 29 de xaneiro de 2023

Recomendación para o día da Paz

 Queremos recomendar un libro que nos gustou moito. Chámase: Cuentos para niños que sueñan con la paz.

Neste libro podemos atopar tanto breves biografías de personaxes históricamente moi importantes para a paz, como tamén curiosidades, cancións, diferentes símbolos da paz...

Un libro para todos os días e especialmente para o Día Escolar para a non violencia e a Paz.



Recomendamos: El sueño de Chocolate

 Hoxe recomendamos un conto con moito sentimento: El sueño de Chocolate.

Os animais que conviven connosco son seres moi especiais que forman parte das nosas vidas e merecen todo o noso cariño e o noso respecto. 

El Sueño de Chocolate é a historia dun cadeliño que busca un fogar. Un conto que sensibiliza e conciencia tanto aos pequenos coma aos adultos sobre a tenencia responsable, o respecto aos animais e o coidado das nosas mascotas.



Colas e Contos en Arts

 Esta semana chegou o turno do alumnado de sexto de ensinar as súas mascotas. Aquí deixamos algúns exemplos, que iremos actualizando. 




Proxecta Protexe aos animais en inglés

 Esta semana tamén comezamos a traballar no Plan Proxecta Colas e Contos nos sextos. A nosa auxiliar de conversa, Sydnie ensinounos diferentes mascotas típicas no seu país de orixe, Estados Unidos. 




Mochilas viaxeiras

 O venres 27 de xaneiro saíron as primeiras mochilas viaxeiras. A semana que vén, sairán o resto. Esperamos que vos guste a experiencia.



Proxecta Colas e contos

Dende a biblioteca este ano estamos traballando o Plan Proxecta Protexe aos animais. Na aula de 4ºB recibiron a visita de Piter, o can de Susi. Tamén estiveron traballando a linguaxe dos cans mediante a guía que se nos fixo chegar. 

Para rematar, tamén contaron o conto de "El Sueño de Chocolate", un can que vive na rúa e desexa ser adoptado.




Algúns dos traballos dos alumn@s








Camila, a profe de prácticas desfrutando da compaña de Piter.

sábado, 28 de xaneiro de 2023

Día da paz

 Xa temos preparada a nosa estantería para o día da Paz, que será o luns 30 de xaneiro. Ollo, que hai títulos novos!







xoves, 12 de xaneiro de 2023

Novidades neste mes de xaneiro

 Estas son as novidades que podedes atopar na biblioteca este mes de xaneiro. 




Recomendacións lectoras

 Por Nadal, o alumnado de Infantil e Primaria levou unhas recomendacións lectoras. Moitos destes libros podédelos atopar na biblioteca.