martes, 27 de xuño de 2023

Recomendacións para verán

 Aquí vos deixamos as recomendacións de Naturizo e Amelia para este verán. Desfrutade as vacacións!!!

4º de infantil B visita dun castor.

 Os castores de Canadá: o alumnado de 4º de infantil B segue na súa viaxe polo mundo coñecendo os animais típicos de cada sitio. Ao chegar a Canadá tiveron unha visita de alguén moi especial: un castor!!! 

Aprendemos que estos roedores teñen unha función moi importante nos ríos, fabrican con troncos de madeira diques que reteñen as correntes de auga. Estas estruturas non só sirven como o seu fogar, senón que tamén axudan a filtrar os contaminantes procedentes da terra. Como non podía ser de outro modo, fixeron o seu propio monicreque de castor!



3º de primaria, estatística e murais

 O alumnado de terceiro B de primaria fixo unha actividade matemática coa temática das mascotas que estamos traballando este ano. Fixeron unha enquisa, recolleron os datos, plasmáronos nunha táboa de barras, analizaron os resultados e finalmente fixeron un mural cos resultados e outro con imaxes das súas mascotas. 






domingo, 11 de xuño de 2023

4ºEI B busca animais no Polo Norte

O alumnado de 4ºde Infantil B estivo facendo un proxecto sobre o mundo. Unha das zonas que "visitaron" foi o Polo Norte. Para esta actividade soamente usaron un bee bot, un taboleiro e varias imaxes de animais do Polo Norte que xa coñecían. O obxectivo era claro: a nosa abelliña ten que ir atopando cada un destes animais: husky siberiano, Alaskan Malamute, oso polar, foca, balea xibardo, beluga... 
Dando ordes sinxelas pouquiño a pouco cada un dos alumn@s foi atopando todos os animais do taboleiro. Ás veces a abella pasábase de largo, non tiñamos problema, dicíamoslle que tiña que retroceder e xa o atopaba!!




Infantil visita Apípolis

 O alumnado de infantil (neste caso 4ºEI B) visitou Apípolis. Nesta saída coñecemos a importancia das abellas no mundo. As abellas son polinizadores esenciais que xogan un papel vital na producción de alimentos e na biodiversidade. Se elas non estivesen, moitos cultivos non poderían reproducirse e reduciríase a producción de alimentos en todo o mundo. 

Como podedes ver, nesta saída non perdemos oportunidade de enfundarnos o traxe de apicultor e visitar varias colmeas.


sábado, 10 de xuño de 2023

Visita Os Biosbardos

 O mércores 7 de xuño visitounos a protectora de animais Os Biosbardos dentro do noso proxecto "Protexe aos animais" . Graciela, Patri e Rosa nos acompañaron durante case toda a mañá cos seus peludos Sony e Nutella. Ademáis, Manuel, o pai de Lía e Mara tamén nos acompañou para que coñecésemos a Allo, recién adoptado na protectora. 

Foi unha mañá marabillosa na que esperamos que os pequenos aprenderan os valores da adopción, do bo trato animal, e coñeceran un pouquiño máis como funciona unha protectora.

Moitísimas grazas  a todas as familias que participaron na recollida solidaria!! Tamén vemos ó alumnado de 4ºB axudando con todo o recollido.