Onte estivo a mamá de Pablo de 4º de Infantil A contando un conto de emocións. Descubre las emociones con los colores.
sábado, 11 de marzo de 2023
Contacontos: Cuerdas
A mamá de Fiz estivo na clase de 3ºB contando unha marabillosa historia basada no corto "Cuerdas".
Contacontos: Zorro dice mentiras
Esta semana estivo a mamá de Leda de 1ºB contando un conto chamado Zorro dice mentiras.
xoves, 9 de marzo de 2023
Contacontos: ¡Estoy muy enfadado!
A semana pasada estivo no cole o papá de Sara de 4ºA contando un conto moi útil para xestionar emocións.
Contacontos: Iluminatlas
A semana pasada tivemos a visita da mamá de Carmen, de 2ºB, que contou un libro fermoso ao alumnado de 4º de primaria.
Contacontos: El abrazo mágico
A mamá de Lindsey de 4º de infantil B veu a contarnos un conto precioso. Chámase: El abrazo mágico.
martes, 7 de marzo de 2023
Contacontos: Todo lo que sé cuando me enfado
Hoxe tamén veu a mamá de Chelsea de 1ºB a contarnos un conto sobre emocións: Todo lo que sé cuando me enfado.
Contacontos: Alicia y el Cerebro Maravilloso
Hoxe veu a mamá de Carmen de 2ºB a contar un conto con experimentos incluídos!!! Ata fixemos un volcán!
Respiración e mindfulness
O luns 27 de febreiro o alumnado de 6ºB fixo un pequeno obradoiro de respiración e mindfulness dentro do programa EmocionaT.
Primeiro fixemos o clásico exercicio da uva pasa, pero con aceitunas. Puxémonos na pel dun extraterrestre que ve, escoita e saborea unha aceituna por primeira vez. A verdade é que a parte de instructivo foi moi divertido.
Despois fixemos un exercicio de respiración abdominal (ou máis ben intentando que fora abdominal).
Cada un fixo o seu propio barquiño de papel para poñer no abdome e volver probar a respiración, para ver se o barquiño navegaba.
mércores, 1 de marzo de 2023
Contacontos: El poni y la amistad
Continuando cos contacontos de familias relacionados cos valores, a nai de Nagore de 2ºB estivo hoxe no cole contando El poni y la amistad.
Contacontos: Mi sombra es rosa
O día 27 de febreiro, Micaela a nai de Abigail de 4ºB veu contar un marabilloso conto: Mi sombra es rosa. Trátase dunha colaboración co equipo de TiCs dentro do plan Polos Creativos para tratar as emocións.