O luns 27 de febreiro o alumnado de 6ºB fixo un pequeno obradoiro de respiración e mindfulness dentro do programa EmocionaT.
Primeiro fixemos o clásico exercicio da uva pasa, pero con aceitunas. Puxémonos na pel dun extraterrestre que ve, escoita e saborea unha aceituna por primeira vez. A verdade é que a parte de instructivo foi moi divertido.
Despois fixemos un exercicio de respiración abdominal (ou máis ben intentando que fora abdominal).
Cada un fixo o seu propio barquiño de papel para poñer no abdome e volver probar a respiración, para ver se o barquiño navegaba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario