domingo, 1 de maio de 2022

Día contra o acoso escolar

 Mañá, luns 2 de maio é o día mundial contra o acoso escolar. Deixamos unha selección de libros para tratar este tema que temos na biblioteca. 

Raina so quere ser normal. Pero unha noite, tras unha reunión dos scouts, tropeza e rompe os incisivos. Os meses que seguen serán unha tortura para ela: verase obrigada a pasar por unha operación, a levar brackets metálicos, levar un horrible caco e incluso dentes falsos. Pero ademais terá que "sobrevivir" a un terremoto, aos primeiros amores e algúns amigos que resultan non ser tan amigos... 
Ulises Fax sempre foi un alumno bastante normal, casi mediocre, pero as cousas cambian cando ingresa no internado Wallaby. Alí coñece aos membros do "Club dos Empollóns" e xuntos investigarán a misteriosa aparición dunha pantasma.

Cando Edu se levantou aquela mañá, sentíase extraño, moi diferente a outros días. Foi ó baño, duchouse... e cando se mirou no espello, deuse conta de que a súa imaxe non era a mesma. Aquelas anteniñas confirmáronlle que ía ser un día complicado.


Hugo é tatexo, e Bernardo, disléxico. O matón da clase failles a vida imposible porque pensa que son raros. Por eso os dous amigos deciden fundar un clube, onde sentirse menos solos e máis seguros. Que sorpresa van levar cando descubran que non son os únicos que queren formar parte do "Clube dos raros"! O "normal" é ser "raro". Todos o somos. Por eso, o máis importante é aprender a rir dun mesmo. 
Quen non desexou algunha vez ser invisible?
Quen non desexou algunha vez deixar de selo?
O problema é que nunca cheguei a controlar ben ese poder. Ás veces, cando máis ganas tiña de ser invisible, era cando máis xente me vía, e en cambio, cando desexaba que todos me vira, era cando ao meu corpo lle daba por desaparecer. 


A súa cara faino distinto, e el so quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza gacha tratando en vano de esconder o seu rostro, pero aínda así, é obxecto de miradas furtivas, susurros afogados e codazos de asombro. August sae pouco, a súa vida transcurre entre as acolledoras paredes da súa casa, coa compaña da súa familia, a súa cadela Daisy e as historias da Guerra das Galaxias.
Pero todo vai cambiar, porque este ano vai ir, por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: crecer na adversidade, aceptarse tal e como é, sorrir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.


Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou gordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre os nenos. Cómpre un libro para demostrarlles que eses comportamentos son reprobables. Especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que tranmite este relato é que conritan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian hai que poñelas en valor para que nos distingan coma seres especiais e únicos. Recoñecer e mesmo reinvindicar a diferenza fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade. 


Camilo cambiou de escola e está contento: fará novos amigos e o pasará moi ben. Pero, atención!, que no fondo da clase hai un par de bechos que se chaman Marta e Enrique e que se comunican a base de golpes, patadas, mordiscos, arañazos e tiróns de pelo. 
Esto ten que terminar! Non se pode ir polo mundo agredindo aos compañeiros! pronto entre todos, pais e nenos, atoparán a solución.
Lucía é unha nena que comeza a ter problemas de visión e ten que poñer gafas. Ela está moi preocupada e non quere levalas porque pode ser obxecto de burlas na clase e ten medo de perder aos seus amigos. Ao poñerse as gafas, Lucía ve como algúns dos seus compañeiros se burlan dela. Outros, danse conta do cruel destas accións e deciden apoiar a Lucía. Unha historia que nos ensina a non gardar silencio e a non apoiar ningún acto de humillación nin desprezo cara a ningunha persoa. 


Jail, o tigre, era tan fanático das súas cores (negro e amarelo) que decidiu dedicar a súa vida a pintalo todo desa maneira. Ata que un bo día descubriu que estaba equivocado. Neste conto, cunhas preciosas e delicadas ilustracións, o autor nos regala unha historia de tolerancia e amizade. 

Esperamos que vos guste a selección e vos animedes a collelos na biblioteca.


Ningún comentario:

Publicar un comentario