Tamén vos deixamos por aquí algúns dos libros que seleccionamos para o día 3 de decembro, Día Internacional das persoas con Discapacidade.
Se os queredes ler, pedilos na biblioteca!!
Tamén vos deixamos por aquí algúns dos libros que seleccionamos para o día 3 de decembro, Día Internacional das persoas con Discapacidade.
Se os queredes ler, pedilos na biblioteca!!
Este mes de decembro temos moitas novidades na biblio, xa sabedes que as idades son orientativas. Agardamos que vos gusten!!
Estade atentos, porque Naturizo xa está preparando cousiñas para o Nadal...
Deixámosvos o programa de Radio Emociónate que se gravou o mes pasado no cole. Esperemos que vos guste!! Gracias a tod@s os que participaron para levalo a cabo! Premede na imaxe para escoitalo.
Aquí vos quedan unhas fotos das voluntarias da biblio que gravaron o programa de radio contra a violencia cara a muller.
O 25 de novembro é o día da non violencia contra a muller. Un grupo de alumnas voluntarias da biblioteca do cole leron uns contos, relacionados con este tema, para contarvos de que tratan. Déixovos o enlace para que o escoitedes no blog da radio. Facede click na imaxe.
O luns 17 de outubro, os compañeiros de Radio Emociónate viñeron ao noso centro a gravar un programa de radio con algunhas das voluntarias da biblioteca. En canto teñamos o resultado, publicarémolo.
Os pasados días 14 e 17 de outubro, tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca unha exposición de radios antigas. Algunhas tiñan son, e incluso se podía escoitar a voz de Castelao.