domingo, 23 de outubro de 2022

Programa de radio con Radio Emociónate

 O luns 17 de outubro, os compañeiros de Radio Emociónate viñeron ao noso centro a gravar un programa de radio con algunhas das voluntarias da biblioteca. En canto teñamos o resultado, publicarémolo.




Exposición Radio Emociónate

 Os pasados días 14 e 17 de outubro, tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca unha exposición de radios antigas. Algunhas tiñan son, e incluso se podía escoitar a voz de Castelao. 



luns, 10 de outubro de 2022

Benvida ao novo curso!

 Os últimos días do mes de setembro, o alumnado de primeiro de primaria foi á biblioteca a reencontrarse con Naturizo e a aprender como funciona a biblioteca. Tamén aproveitaron para facer un mini-Naturizo para levar con eles para casa. 

Aproveitamos para deixarvos tamén a guía de uso da biblioteca deste curso. 

Agardamos que o comezo fose agradable para tod@s!!





martes, 5 de xullo de 2022

Agasallos fin de curso

 Naturizo quixo facer un agasallo a todo o alumnado de infantil e primaria. Sabiamos que o bolígrafo de tinta invisible do curso pasado era moi difícil de superar, pero estas ideas gustaron un montón!!












Recomendacións lectoras de Naturizo

 Naturizo marcha de vacacións, pero antes vainos deixar unhas recomendacións para que tod@s podamos ler este verán!!




luns, 6 de xuño de 2022

Premios concurso de igualdade

 O venres a primeira hora da mañá xa estaban así de preparadiñas as bolsas cos regalos do concurso de igualdade. 


Logo comezamos a repartir os premios:












Noraboa a tod@s os gañadores e moitísimas grazas a todos @s participantes!!!

xoves, 19 de maio de 2022

Detalles cos padriños e madriñas lectores

 A biblio tivo un pequeno detalle co alumnado de sexto voluntario. Entregámoslles unhas fotos de recordo do día que foron ler ás clases dos pequenos.

Como vedes, quedaron encantados.