domingo, 30 de xaneiro de 2022

Día Da Paz 2022

 O alumnado de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza gravou un breve poema para celebrar o Día da Paz 2022. De cada clase, un alumno/a gravou un verso para colaborar entre todos/as neste día. Esperamos que vos guste!



luns, 20 de decembro de 2021

Recomendacións de lectura para o Nadal

 Dexámosvos por aquí as recomendacións de lecturas para o Nadal. Recordade incluir alomenos un libro na vosa lista para Papá Noel ou os Reis Magos. 

Aproveitamos para desexarvos unhas moi boas festas. Desfrutade das vacacións!!







xoves, 16 de decembro de 2021

Chegou o Nadal

Chegou o Nadal á nosa biblio! Na porta tedes unha árbore de Nadal feita de códigos QR. Se os escaneades, descubriredes os libros que temos relacionados co Nadal, e por aí escondida se atopa tamén unha felicitación de alguén especial.

Esperamos que a atopedes.




luns, 22 de novembro de 2021

PRESENTACIÓN DA BIBLIO

Cos cambios na biblio de Infantil e Primaria tardamos un pouquiño máis do que nos gustaría en comezar, pero por fin podemos dicir que... A BIBLIOTECA ESTÁ A FUNCIONAR DE NOVO!!

Temos unha mascota nova, novos rincóns e espazos... se premedes na imaxe veredes algúns dos grupos que pasaron pola presentación da nosa biblioteca.








domingo, 21 de novembro de 2021

 De cara ao vindeiro 25N, Día da non violencia de xénero, deixámosvos algunhas lecturas recomendadas. Algúns xa están dispoñibles na biblioteca, e outros esperamos que nos cheguen pronto. Desexamos que vos gusten.

 Pepuka vivirá xunto co Monstro a experiencia máis difícil da súa vida: a pérdida do seu sorriso. Pero contará coa inestimable axuda das súas maskotas, que a acompañarán nesta incribe aventura, un viaxe cara a liberdade, a recuperación da súa esencia persoal e a felicidade.


Este conto é un aviso contra a masculinidade mal entendida, contra a desigualdade entre homes e mulleres, contra o maltrato doméstico, contra as estruturas que permiten que algunhas familias e as súas relacións se convertan nun terror cotidiano. Xa na nosa biblioteca.
Cando os nen@s volven rinco cara ás súas casas, ela toma o camiño da noite. Poderíase pensar que vai a unha casa coma as demáis, pero o seu andar é pesado, demasiado pesador para unha nena da súa idade.

A unha nena gústalle un neno, pero o neno non repara nela, non a mira. Que facer? Os seus amigos aconsellan de de todo: que quite as coletas, as gafas, o sorriso, as pecas, as ás, que non sexa tan parlanchina. O neno por fin fíxase neal, pero con tanto quitar, ata marcharon os paxaros da súa cabeza. E a nena dase conta de que xa non é ela, e decide recuperar as súas coletas, as súas gafas, o seu sorriso, as súas pecas, as súas ás, as súas palabras...

Todos escoitamos ou pronunciamos nalgún momento a frase "o calcetín tragouno a lavadora", todos tivemos algún calcetín desparello nalgún momento e todos tivemos un furado no calcetín, e seguramente nalgún momento decidimos non remendalo e tiralo ao lixo. A partir de aí, nace Peúgo, un calcetín melenudo que está só e fai o que lle peta e se quere toca a trompeta, fai unha receita ou inventa unha historieta. O que pasa é que está moi mancado pola violencia que exerceu a súa parella contra el. Neste caso a súa salvación foi a lavadora e esa mente creativa, que lle soubo sacar proveito cando ninguén lle vía posibilidades. 

Sabías que a túa voz permíteche nombralo todo? Sabías que podes facer con ela todo o que te propoñas? E sobre todo, sabías que o que digas con ela representa quen és e te pode facer chegar moi lonxe?


O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementins, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfán a súa ansia de desenvolvemento persoal. 

Adriana, Jimena e Martina teñen grandes soños, pero a banda de Don Noloconseguirás encheulles os bolsillos de pedras para que non podan voar. Xa na nosa biblioteca.

luns, 25 de outubro de 2021

Día das Bibliotecas Escolares

 Onte foi o día das Bibliotecas Escolares, e para conmemoralo na biblioteca fixemos un mural. A ver se atopas aos teus profes (Algúns escondéronse moi ben!!!!)


Estamos desexando que chegue a semana que vén para iniciar o préstamo na biblio. Non vos esquezades do voso día!

      

 

LUNS

MAR

MÉR

XOVES

VENRES

1º recreo

 

 

2º recreo

 

 




xoves, 21 de outubro de 2021

Naturizo

Naturizo xa anda a facer trasnadas pola nosa biblioteca coa súa amiga Amelia!!

Para ir abrindo boca, deixámosvos a coreografía de Naturizo: 





Tod@s a bailar con Naturizo!!