Dexámosvos por aquí as recomendacións de lecturas para o Nadal. Recordade incluir alomenos un libro na vosa lista para Papá Noel ou os Reis Magos.
Aproveitamos para desexarvos unhas moi boas festas. Desfrutade das vacacións!!
Dexámosvos por aquí as recomendacións de lecturas para o Nadal. Recordade incluir alomenos un libro na vosa lista para Papá Noel ou os Reis Magos.
Aproveitamos para desexarvos unhas moi boas festas. Desfrutade das vacacións!!
Chegou o Nadal á nosa biblio! Na porta tedes unha árbore de Nadal feita de códigos QR. Se os escaneades, descubriredes os libros que temos relacionados co Nadal, e por aí escondida se atopa tamén unha felicitación de alguén especial.
Esperamos que a atopedes.
Cos cambios na biblio de Infantil e Primaria tardamos un pouquiño máis do que nos gustaría en comezar, pero por fin podemos dicir que... A BIBLIOTECA ESTÁ A FUNCIONAR DE NOVO!!
Temos unha mascota nova, novos rincóns e espazos... se premedes na imaxe veredes algúns dos grupos que pasaron pola presentación da nosa biblioteca.
De cara ao vindeiro 25N, Día da non violencia de xénero, deixámosvos algunhas lecturas recomendadas. Algúns xa están dispoñibles na biblioteca, e outros esperamos que nos cheguen pronto. Desexamos que vos gusten.
O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementins, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfán a súa ansia de desenvolvemento persoal.
Onte foi o día das Bibliotecas Escolares, e para conmemoralo na biblioteca fixemos un mural. A ver se atopas aos teus profes (Algúns escondéronse moi ben!!!!)
|
|
LUNS |
MAR |
MÉR |
XOVES |
VENRES |
|
1º
recreo |
1º |
|
|
5º |
3º |
|
2º
recreo |
2º |
|
|
4º |
6º |
Naturizo xa anda a facer trasnadas pola nosa biblioteca coa súa amiga Amelia!!
Para ir abrindo boca, deixámosvos a coreografía de Naturizo:
Tod@s a bailar con Naturizo!!
O curso pasado, o equipo de biblioteca entregou uns trofeos aos mellores lectores de cada clase e aínda non os publicaramos. Aquí están os gañadores, noraboa a tod@s:
Grazas a todos pola vosa participación coas caixas de libros do curso pasado. Aproveito para mandar un saúdo moi grande a Daniel e Ismael, que este ano se incorporan á ESO.