mércores, 13 de decembro de 2023

Segunda visita do elfo

 O elfo que aínda non ten nome, volveu facer trastadas esta noite na biblioteca. Esta vez liouna ben liada. Aínda que non se ve moi ben na foto (se ampliades, vese mellor) andivo por ahí poñendo ollos a todo o que pillou!! Libros, mascotas, ata lle puxo ollos ao ordenador, á grampadora e ao celo...



Que traballón vai ter que levar o equipo de biblioteca a sacar ollos por ahí!! E aínda por riba sen poder tocar ao elfo...

Novo visitante na biblioteca

 Un elfo moi traste chegou á biblioteca e parece que non quere marchar. Anda facendo trastadas por aquí!

O martes, día 12 de decembro, atopamos así a biblioteca: 


Ao parecer aos animaliños da biblio e a outros convidados apetecíalles que lle leran un conto... Cal será a seguinte trastada? 
Así quedaron algunhas das caras cando chegamos á biblio...

Tamén nos deixou un libro con instruccións, onde di que o máis importante é que non se lle pode tocar para non quitar a maxia, pero tamén que temos que poñerlle un nome!!! 
Con que travesura nos sorprenderá mañá????



sábado, 9 de decembro de 2023

Bibliopatio en funcionamiento!

 Aproveitando que saiu o sol, sacamos a nosa bibliopatio a funcionar! Polo momento está sendo un éxito!!

Novidades do mes de decembro

 Este mes de decembro temos un montón de novidades na biblioteca. Aquí vos quedan algúns dos libros recén chegados!





luns, 27 de novembro de 2023

Semana das bibliotecas

 O 24 de outubro é o día das bibliotecas. Para celebralo, no noso cole fixemos un "escape room" no que o alumnado tiña que adiviñar unha palabra para que a biblioteca non estoupara polos aires, xa que un malvado personaxe acababa de poñer unha bomba. Ao final formamos unha frase, que nos vai axudar no proxecto de centro sobre a volta ao mundo. Deixamos fotos dalgunhas das sesións.











mércores, 15 de novembro de 2023

Recomendacións para o 25N

 Aproveitamos e vos deixamos algunhas recomendacións de cara ao 25N. Estade atentos que actualizaremos cando atopemos máis!





Novidades novembro!

 Este mes as novidades chegan ao blog algo tarde, aínda que xa as tedes na biblioteca dende o día 2. Agardamos que vos gusten!!