Continuando cos contacontos de familias relacionados cos valores, a nai de Nagore de 2ºB estivo hoxe no cole contando El poni y la amistad.
mércores, 1 de marzo de 2023
Contacontos: El poni y la amistad
Contacontos: Mi sombra es rosa
O día 27 de febreiro, Micaela a nai de Abigail de 4ºB veu contar un marabilloso conto: Mi sombra es rosa. Trátase dunha colaboración co equipo de TiCs dentro do plan Polos Creativos para tratar as emocións.
martes, 28 de febreiro de 2023
Libros para o 8 de marzo
Novidades marzo
Aquí quedan as novidades para o mes de marzo na biblio. A partires do día 2 nos andeis de novidades!
domingo, 12 de febreiro de 2023
Máis novidades de Picasso
Como este é o ano no que se celebra o 50 aniversario da morte de Picasso, a biblioteca comprou algúns exemplares máis para que os podades desfrutar. Aquí os deixo.
Día de Rosalía de Castro
O vindeiro 23 de febreiro, xusto á volta do Entroido, celebramos o día de Rosalía de Castro. Aquí quedan algúns dos exemplares que temos no centro sobre esta muller que tanto ben lle fixo á literatura.
Vainilla visita a clase de 4ºB
A semana pasada a mamá de Pedro visitou coa súa mascota a aula de 4ºB. Contounos todos os coidados que require unha pequena mascota como Vainilla. O alumnado desfrutou moitísimo, e Vainilla desfrutou cos mimos e coidados de tod@s!
Aproveitaron a ocasión para facer un taller de chapas cun debuxo ou o nome da mascota. Aquí vos deixamos as fotos!


















































