Aquí vos quedan unhas fotos das voluntarias da biblio que gravaron o programa de radio contra a violencia cara a muller.
sábado, 26 de novembro de 2022
As voluntarias da biblio contra a violencia contra a muller
Día da non violencia contra a muller
O 25 de novembro é o día da non violencia contra a muller. Un grupo de alumnas voluntarias da biblioteca do cole leron uns contos, relacionados con este tema, para contarvos de que tratan. Déixovos o enlace para que o escoitedes no blog da radio. Facede click na imaxe.
domingo, 23 de outubro de 2022
Programa de radio con Radio Emociónate
O luns 17 de outubro, os compañeiros de Radio Emociónate viñeron ao noso centro a gravar un programa de radio con algunhas das voluntarias da biblioteca. En canto teñamos o resultado, publicarémolo.
Exposición Radio Emociónate
Os pasados días 14 e 17 de outubro, tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca unha exposición de radios antigas. Algunhas tiñan son, e incluso se podía escoitar a voz de Castelao.
luns, 10 de outubro de 2022
Benvida ao novo curso!
Os últimos días do mes de setembro, o alumnado de primeiro de primaria foi á biblioteca a reencontrarse con Naturizo e a aprender como funciona a biblioteca. Tamén aproveitaron para facer un mini-Naturizo para levar con eles para casa.
Aproveitamos para deixarvos tamén a guía de uso da biblioteca deste curso.
Agardamos que o comezo fose agradable para tod@s!!
martes, 5 de xullo de 2022
Agasallos fin de curso
Naturizo quixo facer un agasallo a todo o alumnado de infantil e primaria. Sabiamos que o bolígrafo de tinta invisible do curso pasado era moi difícil de superar, pero estas ideas gustaron un montón!!
Recomendacións lectoras de Naturizo
Naturizo marcha de vacacións, pero antes vainos deixar unhas recomendacións para que tod@s podamos ler este verán!!
























