luns, 21 de febreiro de 2022
NOVIDADES
xoves, 17 de febreiro de 2022
O venres 11 e o luns 14 tivemos unha charla na biblioteca sobre a menstruación para as nenas de 5º e 6º dentro do programa Emociona-T.
Nesta charla as rapazas tiveron a posibilidade de resolver as súas dúbidas da man de tres compañeiras de sexto que xa pasaron a experiencia.
Grazas a todas pola vosa participación!!!
domingo, 30 de xaneiro de 2022
Día Da Paz 2022
O alumnado de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza gravou un breve poema para celebrar o Día da Paz 2022. De cada clase, un alumno/a gravou un verso para colaborar entre todos/as neste día. Esperamos que vos guste!
luns, 20 de decembro de 2021
Recomendacións de lectura para o Nadal
Dexámosvos por aquí as recomendacións de lecturas para o Nadal. Recordade incluir alomenos un libro na vosa lista para Papá Noel ou os Reis Magos.
Aproveitamos para desexarvos unhas moi boas festas. Desfrutade das vacacións!!
xoves, 16 de decembro de 2021
Chegou o Nadal
Chegou o Nadal á nosa biblio! Na porta tedes unha árbore de Nadal feita de códigos QR. Se os escaneades, descubriredes os libros que temos relacionados co Nadal, e por aí escondida se atopa tamén unha felicitación de alguén especial.
Esperamos que a atopedes.
luns, 22 de novembro de 2021
PRESENTACIÓN DA BIBLIO
Cos cambios na biblio de Infantil e Primaria tardamos un pouquiño máis do que nos gustaría en comezar, pero por fin podemos dicir que... A BIBLIOTECA ESTÁ A FUNCIONAR DE NOVO!!
Temos unha mascota nova, novos rincóns e espazos... se premedes na imaxe veredes algúns dos grupos que pasaron pola presentación da nosa biblioteca.
domingo, 21 de novembro de 2021
De cara ao vindeiro 25N, Día da non violencia de xénero, deixámosvos algunhas lecturas recomendadas. Algúns xa están dispoñibles na biblioteca, e outros esperamos que nos cheguen pronto. Desexamos que vos gusten.
O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementins, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfán a súa ansia de desenvolvemento persoal.