Unha familia do centro, a de Lía de 6ºB e Mara de 4ºB adoptou un cadeliño da protectora Os Biosbardos. Estamos foi felices de que Allo fora adoptado grazas a esta iniciativa de colaboración tan bonita. Cando Allo esté ben asentado na súa nova casa, esperamos a súa visita!!
Moitas grazas familia!
mércores, 31 de maio de 2023
Allo adoptado
Alegatos para Os Biosbardos
O alumnado do profe Iván fixo uns alegatos para que algúns dos canciños da protectora Os Biosbardos de Ponteareas foran adoptados. Tamén estamos recollendo comida, produtos de limpeza, mantas e demais cousas que lles podan ser útiles na protectora.
Animámosvos a ver os videos, porque non teñen desperdicio, son preciosos.
Excursión club de lectura
O venres 26 de maio, o alumnado do centro pertencente aos clubs de lectura marchou de excursión a A Guarda.
Primeiro visitamos o castro de Santa Trega. Despois demos un paseo por A Guarda para chegar á praia de Area Gorda.
Como tivemos a mala sorte de que chegara a choiva, rematamos a festa no Outlet de Tui.

Última reunión do club de lectura de primaria
O día 22 de maio rematamos o club de lectura de primaria. Estabamos lendo o libro Los peores niños del mundo de David Walliams.
xoves, 25 de maio de 2023
Teo, un cazador de sueños
Relacionado coa actividade de poñer portada aos contos, o alumnado de 6º levou a cabo outra actividade. Esta vez tocou a lectura do conto "Teo, un cazador de sueños" baseado nunha historia real acontecida nunha protectora de animais de Cataluña.
Ao rematar de ler o conto, fixemos unha posta en común das emocións que sentíamos. E para rematar a tarefa, e en colaboración coa protectora Os Biosbardos de Ponteareas, cada un tivo que facer un cartel para promocionar unha adopción responsable.
Adopta, non compres
Dentro do Plan proxecta, e relacionado coas emocións, o alumnado de 6ºB realizou uns preciosos carteis para promocionar a adopción responsable. Tamén investigaron un pouco sobre as mascotas máis comúns, o seu carácter e as súas necesidades.